Setembro dá inicio á competición
- Departamento prensa Noia PA FS
- 3 days ago
- 1 min read

Despois dun satisfactorio agosto de ensaios, chega o que todos estaban agardando. Co mes de setembro empeza a competición, que trae para o Noia Portus Apostoli FS os partidos das primeiras catro xornadas ligueiras.
Deses, tres sucederanse en menos dunha semana. O debut producirase este sábado 6 ás 16:00h na pista do Quesos El Hidalgo Manzanares FS. Tres días despois, o martes 9 ás 20:00h, os noieses estrearanse na casa recibindo ao Jaén Paraíso Interior FS, partido para o que xa están á venda as entradas. Este sprint inicial terá o seu fin visitando ao ElPozo Murcia Costa Cálida FS o venres 12 ás 20:00h.
Tras un parón de dúas semanas por datas FIFA no que a Selección Española xogará dous amistosos, o Portus Apostoli enfrontarase no Agustín Mourís ao Viña Albali Valdepeñas de Marlon Velasco, nun partido con programación para a fin de semana do 27 de setembro, pero sen data e hora definitivos confirmados.
O bo xa está aquí. É hora de dar os primeiros pasos competitivos da temporada 2025/2026, e o Noia Portus Apostoli FS está preparado para levalos a cabo con ilusión e esixencia.
Comments