Outubro de altísima esixencia

Arranca outubro, segundo mes de competición para o Noia Portus Apostoli FS, no que afrontará un total de tres partidos, todos eles correspondentes ao Torneo Apertura da Liga Prime Futsal.
Para empezar, os noieses enfrontaranse ao Barça este domingo 4 a partir das 12:30h no Municipal Agustín Mourís pola 4ª xornada ligueira. Todo un reto de gran dificultade que terá prolongación cinco días máis tarde, cando os de David Palmas visitarán a outro dos aspirantes aos títulos, como é o Jimbee Cartagena Costa Cálida, o venres 9 ás 21:30h.
A seguinte semana será de parón por seleccións, deixando o peche do mes fixado para o domingo 25 ás 16:00h. Nesa data e hora, o Portus Apostoli recibirá ao Servigroup Peñíscola FS pola 6ª xornada.
Xa podes mercar as últimas entradas dispoñibles para o duelo ante o Barça. De cara ao último choque do mes, o Club anunciará no seu momento o lanzamento da venda de entradas, que se poderán mercar tanto no Local Social (rúa Carcasía, 7. Noia) como na plataforma online noiafs.compralaentrada.com/eventos.
Lembramos tamén que todos os partidos do Noia Portus Apostoli FS na Liga Prime Futsal poderanse ver a través de DAZN, tanto na modalidade de subscripción ‘Premium’ como na ‘Fútbol’.






Comments