top of page

Marzo a domicilio

  • 40 minutes ago
  • 1 min read
Domingo, 01/03/2026 · 15:50h · Imaxe: Foto Pichero | O cadro branco viaxará ata en catro ocasións durante este mes que entra.
Domingo, 01/03/2026 · 15:50h · Imaxe: Foto Pichero | O cadro branco viaxará ata en catro ocasións durante este mes que entra.

O terceiro mes do ano e antepenúltimo da temporada entra en escena. O Noia Portus Apostoli FS disputará cinco partidos en marzo, catro deles lonxe do Agustín Mourís.


Empezando este martes 3 ás 20:30h cun que se debeu xogar en febreiro. Os brancos recuperan o partido aprazado da xornada 18 na cancha do Servigroup Peñíscola FS para iniciar o mes. A continuación, nova viaxe de cara á visita ao Jaén Paraíso Interior FS o sábado 7 ás 17:30h pola 21ª xornada ligueira.


Sete días máis tarde, único compromiso como local de marzo. Os de David Palmas recibirán a Osasuna Magna o sábado 14 ás 16:30h nunha nova cita de Primeira División FS. A seguinte semana, a competición doméstica para pola Copa de España FS, o que aproveitarán os noieses para recuperar o outro duelo aprazado en febreiro, o da semifinal da XXXIV Copa Galicia FS ante o Grupo FORMA-T Vilalba FS o mércores 18 ás 21:00h.


Para finalizar o mes, dirección ao Virgen de la Cabeza de Valdepeñas, onde os noieses buscarán o desquite ante o seu verdugo nos cuartos de final da Copa do Rei FS o sábado 28 ás 19:30h, en duelo da 23ª xornada de Liga.


Despois dun febreiro que non sorriu a nivel de resultados, o Portus Apostoli tratará de regresar á senda da vitoria e seguir cercando, ou cumprindo, os seus obxectivos nos dous torneos nos que continúa competindo.

Comments


bottom of page