top of page

O reto comeza en Pontevedra | Consulta o calendario completo do Xuvenil División de Honra!


Mércores, 14/08/2024 · 19:00h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Os de Daniel Ventoso iniciarán o campionato ligueiro a fin de semana do 14 e 15 de setembro.


O Xuvenil noiés que competirá en División de Honra xa coñece a composición do seu Grupo I e o calendario para a temporada 2024/2025, con 15 rivais, 30 xornadas e un gran desafío por diante.


O regreso do Portus Apostoli á División de Honra Xuvenil comezará o 14 ou 15 de setembro na pista do Stellae Leis Pontevedra FS. Unha semana despois, o primeiro partido como local, recibindo ao CD Tres Columnas Soliges Redmediaria, un dos 7 opoñentes de Castela e León que terán os de Daniel Ventoso. Para pechar, os brancos despedirán o Mourís o 17 ou 18 de maio ante o CD San Cristóbal Cochinillo Tabladillo e concluirán a campaña regular o 24 ou 25 na cancha do Carballiño FS. A orde de encontros en ambas voltas será a mesma, tratándose, desta maneira, dun calendario simétrico.




O funcionamento da competición

Na zona alta da táboa, haberá dous momentos claves: ao alcanzar a metade de curso, o equipo que ocupe o primeiro posto xogará a Copa de España xunto aos líderes dos outros sete grupos, e tras a última xornada, os dous primeiros clasificados sacarán billete para o Campionato de España. Por outro lado, na zona baixa da clasificación todos os conxuntos terán que evitar as posicións 14ª, 15ª e 16ª que significarán o descenso.


O cadro noiés leva desde o pasado luns 5 traballando sobre o parqué do Agustín Mourís para chegar na mellor forma posible ao arranque ligueiro e afrontar coas maiores garantías posibles un reto tan ambicioso como ilusionante no máximo nivel da categoría xuvenil.

Comments


bottom of page