top of page

A festa do Cadete, campión de Liga Galega!

Revivimos desde dentro o título ligueiro e o ascenso a División de Honra, con declaracións do adestrador David Palmas e o capitán Fernando García.

19 vitorias, 3 empates e 1 derrota. Un camiño practicamente inmaculado, coroado co ansiado e merecido título de campións de Liga Galega, nome que recibe desde o pasado sábado 1 de abril o equipo Cadete do Noia Portus Apostoli FS, dirixido por David Palmas, que a vindeira temporada competirá na máxima categoría, a División de Honra.


O triunfo por 10-1 contra o Concello de Begonte FS frutificou o que demostraron ao longo de todo o curso: ser o mellor conxunto da Liga Galega. Un logro que non se quixeron perder en torno a unhas 200 persoas congregadas no Municipal Agustín Mourís, unha cifra asombrosa tratándose dun partido de base. Entre elas, ademais de familiares dos rapaces, tamén asistiron membros do primeiro equipo, no caso de xogadores como Altamirano, ou nenos e nenas pertencentes a outros cadros das categorías inferiores que animaron aos seus compañeiros sen cesar.


Despois do título de Liga de 1ª Autonómica do Xuvenil, que se xogará en maio o ascenso a Liga Galega, este é o segundo éxito en forma de campionato para a Escola Deportiva noiesa, que pretende seguir avanzando e dando pasos adiante nas próximas temporadas que permitan seguir formando a máis e mellores xogadores.


Neste caso particular, só queda dar os parabéns aos campións! Estamos moi orgullosos de vós, rapaces!


Así se viviu a festa no Mourís!


O adestrador e o capitán, “orgullosos” da conquista e do progreso


David Palmas e Fernando García, adestrador e capitán, respectivamente, do equipo Cadete campión de Liga Galega puxeron palabras ao éxito, minutos despois de concretarse. Os dous amosáronse moi contentos e orgullosos de lograr o campionato e dos avances do plantel durante o curso, poñendo o foco xa no torneo de Copa que comezarán ao remate da Liga.


As declaracións do adestrador, David Palmas

Tamén falou o capitán, Fernando García

bottom of page