Xoves, 02/01/2025 · 16:45h · Imaxe: Foto Pichero | O á brasileiro de 20 anos aterra na Vila en calidade de cedido por Illes Balears Palma Futsal ata final de temporada.
Thierry Henrique Petraça (Lages, Santa Catarina, Brasil. 01/10/2004) únese ao plantel do Noia Portus Apostoli FS como incorporación de cara á segunda parte da temporada en calidade de cedido por Illes Balears Palma Futsal ata xuño. O á zurdo brasileiro de 20 anos xa completou na mañá deste xoves a súa primeira sesión ás ordes de David Palmas.
O de Lages aportará ao conxunto noiés a súa frescura, desequilibrio e calidad, características que o catalogan como unha das maiores promesas do fútbol sala do seu país e que poñerá ao servizo do Portus Apostoli en busca de axudar a cumprir os obxectivos nesta segunda metade de temporada.
Imaxes: Foto Pichero
A súa carreira deportiva iniciou no Mafra catarinense, para pasar aos 12 anos ao Jaraguá Futsal, de onde chegou este verán ao Illes Balears Palma Futsal. O pasado mes de novembro alzouse campión da Copa Intercontinental co cadro balear. Ata a data disputou 7 encontros ligueiros e 3 en UEFA Futsal Champions League, logrando 2 dianas. Coa selección, é un fixo nas categorías inferiores, logrando varios éxitos na súa traxectoria.
Benvido á túa nova casa, Thierry!
Comments