top of page

Presenza para o peche con Mykytiuk, primeira fichaxe do Portus Apostoli 2026/2027

  • 50 minutes ago
  • 1 min read
Venres, 10/07/2026 · 12:00h | O internacional ucraíno comprométese co Noia por unha temporada, con opción de ampliación a unha máis.
Venres, 10/07/2026 · 12:00h | O internacional ucraíno comprométese co Noia por unha temporada, con opción de ampliación a unha máis.

Mykola Mykytiuk (Slobidca, Odesa, Ucraína; 13/09/1996) é o primeiro reforzo do Noia Portus Apostoli FS para a temporada 2026/2027. O internacional ucraíno asina por unha temporada máis outra opcional co Club branco.


Solidez defensiva, pegada e criterio co balón, ademais de sobrada experiencia na categoría e, coa súa selección, ao máis alto nivel. Mykytiuk reúne unha ampla gama de requisitos que o converten nun seguro na pista. A carreira do peche comezou no seu país, onde defendeu as cores do VKN Uragan en dúas etapas, conquistando varios títulos e xogando a UEFA Futsal Champions League, e do MFC Prodexim Kherson. Á Liga española chegou na 2023/2024 por medio do Córdoba Patrimonio de la Humanidad. Tras dous cursos na cidade califal, xogou o pasado no ATP Iluminación Ribera Navarra FS.


Parte fundamental dun bronce histórico | Imaxe: FIFA
Parte fundamental dun bronce histórico | Imaxe: FIFA

Mención destacada merece a súa traxectoria na selección de Ucraína. Con 69 internacionalidades, Mykytiuk é un dos puntais do conxunto ucraíno, co que disputou a pasada Futsal EURO de 2026 e a Copa Mundial de 2024, na que anotou dous goles e colgou a medalla de bronce.


Benvido a Noia, que xa é a túa nova casa, Mykola!


Imaxes: Manuel Lorenzo/Noia PA FS

Comments


bottom of page