Gui Lima suma presenza ao peche noiés
- Departamento prensa Noia PA FS

- Jan 20
- 1 min read

O Noia Portus Apostoli FS incorpora a Guilherme Antônio de Lima (Campo Mourão, Paraná, Brasil. 12/04/2001) como segundo reforzo invernal, despois da fichaxe de Monteros. O peche destro chega en calidade de cedido polo Illes Balears Palma Futsal, que o asina procedente do Campo Mourão Futsal da LNF brasileira.
Será a súa primeira experiencia fóra do seu país e do Club onde se formou desde as categorías inferiores ata ser parte fundamental da mellor temporada da súa historia, con subcampionato no estadual de Paranaense e semifinal na competición ligueira. O brasileiro, de 24 anos, é un peche de carácter, rochoso en defensa e tamén con capacidade de producir en ataque. Nas súas tres temporadas completas no plantel principal do Carneirão anotou un total de 14 dianas. Algunhas delas a pase do ex noiés Edu Jabá, con quen compartiu vestiario os dous últimos cursos.
Gui lucirá o dorsal 3 no Noia Portus Apostoli FS.
Benvido a Noia, que xa é a túa nova casa, Gui!











Comments