top of page

Charly, máis talento e sacrificio galego para o Noia Portus Apostoli FS

  • 2 days ago
  • 1 min read
Mércores, 22/07/2026 · 17:00h | Acordo co REYCO Burela FS para o traspaso do á de Culleredo, que se une ás filas noiesas.
Mércores, 22/07/2026 · 17:00h | Acordo co REYCO Burela FS para o traspaso do á de Culleredo, que se une ás filas noiesas.

Carlos Cayado López, ‘Charly’ (Culleredo, A Coruña. 17/12/2001) reforza ao Noia Portus Apostoli FS 2026/2027. O á destro culleredés chega ao Municipal Agustín Mourís, tras o acordo alcanzado co REYCO Burela FS para o seu traspaso.


A carreira deportiva de Charly comezou no Sport Sala Culleredo FS da súa localidade natal. En xuño de 2022 puxo rumbo ao O Parrulo Ferrol FS, onde rapidamente escalou do seu filial a ser un dos xogadores importantes no primeiro equipo ferrolán en Segunda. En xaneiro de 2024 asinou co REYCO Burela FS, co que logrou o ascenso a Primeira. Nesa temporada na máxima categoría anotou 6 goles e nesta última de regreso en Segunda fixo un total de 10 dianas.


De rivais a compañeiros | Imaxe: Foto Pichero
De rivais a compañeiros | Imaxe: Foto Pichero

Durante a súa aínda curta carreira deportiva, o xogador de 24 anos demostrou tanto un gran potencial ofensivo, baseado nun espectacular golpeo de balón e un probado olfacto goleador, como unha notable capacidade defensiva, plagada de entrega e sacrificio para frear aos contrarios.


Benvido a Noia, que xa é a túa nova casa, Charly!


Imaxes: Manuel Lorenzo/Noia PA FS

Comments


bottom of page