top of page

“Poder vestir esta camiseta é gratificante, agardo corresponder da mellor maneira posible”

  • Writer: Departamento prensa Noia PA FS
    Departamento prensa Noia PA FS
  • Jul 17
  • 2 min read
ree

Xoves, 17/07/2025 · 16:40h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | As primeiras palabras do á-pivote brasileiro tras coñecerse a súa sinatura polo Portus Apostoli para as dúas vindeiras campañas.


Biel, a cuarta incorporación do Portus Apostoli 2025/2026, xa está en Noia, preparado para iniciar en cuestión de días un novo e ambicioso reto deportivo. “Estou moi feliz e motivado, é un pracer facer parte deste Club”, confesa o brasileiro, que, desta maneira, completa “a realización dun soño” ao chegar á Primeira División FS española. E farao cun cadro noiés co que asinou por dúas temporadas e sobre o que afirma que “poder vestir esta camiseta é gratificante, agardo corresponder da mellor maneira posible”.


Con capacidade para desenvolverse tanto no á como na zona de pivote, Biel defínese como “un falso pivote. No á con máis movemento e buscando balón, e ás veces tamén xogando de pivote referencia alí adiante”. Características coas que rubricou unha 24/25 espectacular no MFC Aktobe casaco, anotando 40 goles e dando 27 asistencias en 53 partidos. “Grazas a Deus conseguín facer unha boa temporada con bastantes goles e aquí quero facer máis”, expresa o xogador de 29 anos, desexando “dar moitas alegrías á afección”.



Será a súa primeira experiencia en España, pero no vestiario noiés ten vellos coñecidos. “Xa xoguei xunto a Churrasco, Peixe e tamén Schütt. É máis sinxela a adaptación cando xa tes amigos, porque cando precisas dalgunha cousa tes a seguridade de que che van a axudar, e na pista tamén axuda”, expresa, destacando que con Churrasco, do que vén da man desde o MFC Aktobe, “xa me entendo bastante dentro da pista e facilita”.


Biel non quixo perder a oportunidade de “agradecer a oportunidade de estar aquí, vestindo esta camiseta” e de amosarse con ganas de lograr “os obxectivos do Club, de facer o mellor, dar rendemento, buscar títulos, vitorias e conquistas”.

Comments


bottom of page