top of page

A pólvora de Biel pasa ao servizo do Noia Portus Apostoli FS

  • Writer: Departamento prensa Noia PA FS
    Departamento prensa Noia PA FS
  • Jul 17
  • 1 min read
ree

Xoves, 17/07/2025 · 13:00h | O á-pivote brasileiro asina por dous cursos desde o MFC Aktobe casaco, onde convertiu 40 goles e deu 27 asistencias en 53 partidos esta pasada temporada.


Gabriel Reis Cardoso, Biel (São Paulo, Brasil. 18/05/1996) é a cuarta incorporación do Noia Portus Apostoli FS para a temporada 2025/2026, sumándose así a Ismael, Varsalona e Churrasco. O á-pivote asina por dous cursos e chega co destacado aval de anotar 40 goles e repartir 27 asistencias na 2024/2025 co MFC Aktobe casaco.


O brasileiro, de 29 años, é hábil tanto no un para un en banda como no posicionamento de costas a portería rival, o que unido ao seu palpable olfacto goleador xa sexa dentro da área ou con potentes golpeos exteriores, o converte nunha gran ameaza ofensiva.


Imaxes: Manuel Lorenzo/Noia PA FS


Practicamente toda a carreira deportiva de Biel se desenvolveu en Brasil. A excepción duns meses de 2021 no Torpedo Nizhny Novgorod ruso, entre 2018 e agosto de 2024 xogou no seu país natal, formando parte de Barueri Futsal, São José Futsal, Foz Cataratas, Minas e Futsal São Lourenço. O seu gran papel no conxunto catarinense valeulle o pase, da man de Churrasco, ao MFC Aktobe casaco, onde foi un piar fundamental para lograr a 4ª posición ligueira.


Benvido a Noia, que xa é a túa nova casa, Biel!

Comments


bottom of page