Rufino, Garrincha e Guilherme pechan as súas etapas no Portus Apostoli
- Departamento prensa Noia PA FS
- Jun 17
- 1 min read

Martes, 17/06/2025 · 12:00h | Os tres xogadores finalizan contrato e non continuarán no Club.
Os xogadores Rufino, Garrincha e Guilherme non continuarán vestindo a camiseta do Noia Portus Apostoli FS. Os tres rematan a súa relación contractual co Club o vindeiro 30 de xuño.
Rufino pertenceu á disciplina noiesa nas dúas últimas temporadas. Desde que chegara ao Agustín Mourís no verán de 2023, o á-pivote arxentino disputou 53 partidos, conquistando dous títulos de Copa Galicia FS.
Garrincha pecha o seu paso por Noia tras unha temporada no Club. O pivote brasileiro xogou 29 encontros neste periplo, sumando ao seu palmarés unha Copa Galicia FS.
Guilherme aterrou no Portus Apostoli o pasado mes de febreiro como segundo e último reforzo invernal. Na súa estadía na Vila, o pivote brasileiro participou en 3 choques, gañando unha Copa Galicia FS.
Imaxes: Foto Pichero
O Club agradécelles aos tres xogadores os servizos prestados, así como a súa profesionalidade e compromiso, e deséxalles a maior das sortes no seu futuro, tanto profesional como persoal.
Comments