top of page

Pau e o Noia Portus Apostoli FS separan os seus camiños

O catalán pecha un período de tres cursos no Club branco.

(imaxe: Pichero)

Pau Codony e o Noia Portus Apostoli FS poñen punto e final a unha vinculación que se prolongou durante as últimas tres temporadas, nas que o á de 19 anos compatibilizou a súa actividade entre Xuvenil, Filial e Primeiro Equipo.


Na súa estadía no Portus Apostoli, a onde chegou procedente da canteira do Barça, Pau disputou 6 partidos oficiais co Primeiro Equipo, cumprindo o soño de debutar en Primeira División FS e tomando partida no transcurso aos tres títulos de Copa Galicia. Esta pasada campaña, o catalán foi o capitán do Filial que conseguiu con autoridade o trofeo de campión de Terceira División FS e o ascenso a Segunda División “B” FS.


O Club quere agradecer a Pau a súa profesionalidade e entrega ao largo da súa traxectoria en Noia e deséxalle a mellor das sortes tanto no terreo persoal como no deportivo.

Comentários


bottom of page