top of page

Altamirano alcanza os 100 partidos oficiais coa camiseta do Noia Portus Apostoli FS


Domingo, 05/01/2025 · 13:45h · Imaxe: Foto Pichero | O arxentino cumpriu o centenario no derbi de Vista Alegre.


O derbi galego contra Burela FS non só foi un partido especial para o Club, senón que tamén para un xogador en concreto. Ao entrar en xogo no mesmo, Altamirano certificou o seu partido oficial número 100 desde que chegara á disciplina do Noia Portus Apostoli FS, alá polo verán de 2021.


O arxentino disputou coa branca 55 partidos de Primeira División FS, 2 de PlayOff polo título de Primeira, 31 de Segunda, 5 de Copa do Rei FS e 7 de Copa Galicia FS. Todo iso nunha traxectoria de tres temporadas e media na entidade, as mellores da súa historia, anotando 28 goles e logrando éxitos como o campionato de Segunda e ascenso á elite, a clasificación ao PlayOff de Liga de Primeira e tres títulos de Copa Galicia FS, ademais de numerosas grandes tardes para a lembranza, como a vitoria copeira fronte a ElPozo ou o triunfo ante o Barça no Palau.

Comments


bottom of page