Adrián Paz asume o posto de preparador físico do Noia Portus Apostoli FS
- 3 minutes ago
- 1 min read

Adrián Paz Franco (Pontevedra. 15/06/1984) é o novo preparador físico do Primeiro Equipo do Noia Portus Apostoli FS, uníndose así ao corpo técnico encabezado por David Palmas.
O pontevedrés conta ás súas costas cunha ampla experiencia na preparación física ligada ao fútbol sala. O seu primeiro traballo de alto nivel asumiuno en 2010, no Autos Lobelle. A continuación, emprendeu unha exitosa aventura de seis anos por Asia, máis concretamente na Selección do Vietnam, no Al Wahda e o Al Nasr de Emiratos Árabes Unidos e no Dalian Yuan Dinasty chinés.

En 2017 incorporouse á RFEF, onde ocupou o posto de preparador físico en categorías inferiores, na Selección Española masculina e, nos últimos anos, na feminina, coa que conseguiu tres Futsal EURO e o bronce na pasada Copa Mundial Feminina, entre outros moitos logros.
Benvido a Noia, benvido a casa, Adrián!





Comments