top of page
campusdeveran24-25.jpg

XVII CAMPUS DE VERÁN

CARTEL-XVII-Campus-de-Verán-STORIES.jpg

A 17ª edición do Campus de Verán do Noia Portus Apostoli FS está á volta da esquina! Os nenos/as nados entre 2009 e 2021 xa pueden anotar nas súas axendas a semana do luns 4 ao venres 8 de agosto, datas entre as que se sucederá a cita estival por excelencia do Club.


 

Unha semana, en horario de 10:00h a 13:30h, para aprender sobre fútbol sala, os valores positivos que transmite o deporte, o compañeirismo, os bos hábitos alimenticios coa nosa merenda saudable e, como non, para divertirse!

Inscrición e cota
 

A inscrición levarase a cabo no Local Social del Club (rúa Carcasía, 7. Noia) ata o xoves 24 e por vía online ata o domingo 27 de julio, ambos incluídos.

As cotas de inscrición serán as seguintes:
 

·Xeral: 65€

·Xogador Escola Noiesa 24/25: 55€
 

Para o segundo irmán, aplicarase un desconto do 30%. No caso dun terceiro irmán, o desconto será do 50%.

A cota inclúe a equipación oficial do XVII Campus de Verán, consistente nunha camiseta e un pantalón.

bottom of page