A historia agarda: desvelados os primeiros detalles da XXXIV Copa Galicia FS
- Departamento prensa Noia PA FS

- Aug 6
- 1 min read

O 17 de abril, en Lugo, o Noia Portus Apostoli FS erguía a súa cuarta Copa Galicia FS, lograda de maneira consecutiva. Algo menos de catro meses despois e nos albores dunha nova temporada, a Real Federación Galega de Fútbol dá a coñecer os detalles sobre a 34ª edición, na que os noieses queren converterse no primeiro Club en reinar en Galicia durante cinco anos seguidos.
A competición arrancará a fin de semana do 30 de agosto para todos os equipos que disputarán a fase previa 1. Outras dúas máis se xogarán antes de chegar á rolda de cuartos de final, na que entrarán o Noia Portus Apostoli FS xunto a O Parrulo Ferrol FS, CD Burela FS e ADC Lugo Sala por medio dun sorteo que os dispoñerá como visitantes. Todas as eliminatorias son a partido único.
Máis de 3 anos sen perder un encontro nesta competición acumula o Noia Portus Apostoli FS, gran dominador recente da mesma: van cinco finais e catro títulos consecutivos. A lenda do Club na Copa Galicia FS xa é de considerable envergadura, pero a fame por seguir aumentándoa aínda é moi palpable no Agustín Mourís.
Cadro de eliminatorias

Imaxe: RFGF











Comments