top of page

Que non haxa dous sen tres! | Xa se coñecen os detalles da XXXII Copa Galicia

O Portus Apostoli tentará alzar o seu terceiro trofeo autonómico consecutivo nunha edición máis comprimida en datas, co debut fixado no 1 de novembro en cuartos de final.

Celebración da conquista da XXXI Copa Galicia no Agustín Mourís (foto: Pichero)

O Noia Portus Apostoli FS e o resto de 29 equipos participantes xa saben como será a XXXII Copa Galicia, logo de que a Real Federación Galega de Fútbol anunciara o seu percorrido, nunha edición que rematará antes e na que os noieses, defensores do título, farán a súa estrea en cuartos de final.


O inicio da competición darase o 27 de agosto, coa disputa dos sete partidos da primeira fase previa. Trasa segunda previa (3 de setembro) e os oitavos (12 de outubro), o 1 de novembro será o quenda dos cuartos e, por tanto, o debut do campión das dúas últimas edicións, aínda sen rival establecido para esa rolda. Pouco máis dun mes despois, o 6 de decembro, xogaranse as dúas semifinais, das que sairán os dous equipos que se verán as caras nunha final para a que haberá que agardar, pero non ata o habitual 17 de maio. Nesta ocasión, será o 28 de marzo, en sede por determinar, o día no que se dirimirá o vencedor da XXXII edición da Copa Galicia de fútbol sala.

Aí agarda estar o Noia Portus Apostoli FS, que tras erguer o trofeo en Marín 2022 e en Noia 2023, segue convencido na súa pretensión aumentar a súa xeira ao que xa sería unha terceira vez consecutiva.


Cadro de eliminatorias



Comments


bottom of page