XVIII Campus de Verán Noia Portus Apostoli FS | A mellor cita estival agarda por ti do 17 ao 21 de agosto!
- 4 days ago
- 1 min read

O Campus de Verán do Noia Portus Apostoli FS chama á porta coa súa 18ª edición! Ata o xoves 6 de agosto estará aberto o prazo de inscrición para os nenos/as nados entre 2010 e 2022 que queiran gozar, do luns 17 ao venres 21 de agosto, da cita estival por excelencia do Club.
Por diante, unha semana en horario de 10:00h a 13:30h para aprender sobre fútbol sala, os valores positivos que transmite o deporte, o compañeirismo e os bos hábitos alimenticios coa nosa merenda saudable, sempre cargado de enormes doses de diversión!
Inscrición e cota
A inscrición levarase a cabo no Local Social del Club (rúa Carcasía, 7. Noia) e por vía online ata o xoves 6 de agosto, incluído.
As cotas de inscrición serán as seguintes:
·Xeral: 65€
·Xogador/a Escola Noiesa 2025/2026: 55€
Para o segundo irmán, aplicarase un desconto do 30%. No caso dun terceiro irmán, o desconto será do 50%.
A cota inclúe a equipación oficial do XVIII Campus de Verán, consistente nunha camiseta e un pantalón.





Comments