top of page

350 nenos do Colexio Jaime Balmes gozaron da visita do Noia Portus Apostoli FS

Os rapaces puideron, entre outras cousas, coñecer de primeira man a metodoloxía dun equipo profesional de elite e os valores do deporte colectivo.

Foto de familia da visita ao Colexio Jaime Balmes (foto: Manuel Lorenzo)

O Noia Portus Apostoli FS visitou esta mañá o Colexio Jaime Balmes, ante a presenza duns 350 nenos e nenas estudantes de primaria e secundaria que acolleron con máxima ilusión a Attos, Rufino, Matheus Preá, Pola, Edu Jabá e David Palmas.


A visita comezou coa intervención de Javier Barreiro, director xeral do Club, quen se encargou de presentarlle aos rapaces e rapazas como funciona un equipo profesional de Primeira División, máis aló do que se pode ver nos partidos. Ademais, tamén incidiu na importancia dos valores do fútbol sala e os deportes colectivos en xeral, así como nos beneficios de compaxinalo coa formación académica.


A continuación, algúns afortunados fixéronse con artigos da Entidade nos sorteos realizados, e, para finalizar, a habitual firma de sinaturas coa que cada neno e nena lembrará esta visita para sempre.




bottom of page