top of page

VENDA DE ENTRADAS XERAL – DÍA DO CLUB | Noia Portus Apostoli FS-Barça


(foto: Pichero)

Desde este luns 25 de setembro, ábrese a venda xeral de entradas para o partido nomeado día do club que enfrontará ao Noia Portus Apostoli FS co Barça o vindeiro sábado 30 de setembro ás 18:00h no Municipal Agustín Mourís, pola cuarta xornada da Primera División Fútbol Sala.

TODO ABONADO QUE NON MERCARA ENTRADA E QUEIRA FACELO AGORA, PODERÁ FACELO, PERO A PREZO DE NON ABONADO E, POSIBLEMENTE, NUN ASENTO DISTINTO AO SEU.

PREZO E CONDICIÓNS DAS ENTRADAS


XERAL (maior de 18 anos): 25€

XUVENIL (entre 14 e 17 anos): 15€

INFANTIL (menor de 14 anos): 10€

COMO E ONDE COMPRO A MIÑA ENTRADA?

As entradas están á venda na plataforma online do club, noiafs.compralaentrada.com/eventos/.

Tamén podes facerte coa túa entrada no local social do club (Rúa Carcasía, 7) entre o luns 25 e o venres 29 en horario de 12:00h a 13:00h e 19:30h a 20:30h.


·Posibilidade de liberación de asento para os abonados

Todo abonado/a SENTIMENTO, e todo aquel XERAL, FAMILIAR, ACOMPAÑANTE FAMILIAR, XUVENIL ou INFANTIL que finalmente non vaia a asistir ao encontro, poderá liberar o seu asento tanto no local social do club (Rúa Carcasía, 7) nos horarios antes especificados, como na web noiafs.compralaentrada.com, no apartado “liberar o meu asento”.

bottom of page