Dispoñibles este martes 7 a partir das 20:00h en noiafs.compralaentrada.com/eventos e de 20:00h a 21:00h no local social do Club, onde tamén se poderán adquirir os seguintes días en horario máis amplo.
A final da XXXII Copa Galicia masculina xa está na súa conta atrás! Ás 20:00h de hoxe, martes 7 de maio, quedará aberto o prazo de compra de entradas para o encontro entre Noia Portus Apostoli FS e O Parrulo Ferrol, que se disputarán o título autonómico o vindeiro venres 17 de maio, día das Letras Galegas, ás 12:30h no Municipal Agustín Mourís.
As entradas poderán adquirirse a través da páxina web noiafs.compralaentrada.com/eventos e de 20:00h a 21:00h no local social do Club (Rúa Carcasía, 7), que nos días posteriores dispoñerá dun horario de apertura de luns a venres, de 12:00h a 13:00h e 19:30h a 20:30h.
コメント