top of page

VENDA ENTRADAS | Partidos contra Servigroup Peñíscola e Family Cash Alzira


(foto: Pichero)

Xa están á venda as entradas para os partidos das xornadas 6 e 7 do campionato de Liga de Primera División Fútbol Sala, que enfrontarán ao Noia Portus Apostoli FS co Servigroup Peñíscola o mércores 18 ás 20:00h e co Family Cash Alzira o sábado 21 ás 13:00h, respectivamente, no Municipal Agustín Mourís.

PREZO E CONDICIÓNS DAS ENTRADAS
ABONADOS

GRATIS. Non teñen que mercar entrada, soamente deben presentar o seu carnet de abonado na porta de acceso ao Municipal Agustín Mourís.

·Posibilidade de liberación de asento: en caso de que non poidan asistir a calquera dos encontros, os abonados teñen a posibilidade de ceder o seu asento a disposición do club, en aras de axudar ao mesmo e producir un ambiente o máis espectacular posible no Agustín Mourís. Poderao facer enviando unha notificación aos medios de WhatsApp (número 669 72 95 75) ou correo electrónico (administracion@noiafutbolsala.com) da entidade, así como no local social do club ou na web noiafs.compralaentrada.com, na sección “liberar o meu asento”.

NON ABONADOS

XERAL (+18 ANOS): 20€

XUVENIL (non abonados entre 14 e 17 anos): 15€

INFANTIL (non abonados menores de 14 anos): 10€


Nenos/as da Escola Deportiva do club que non sexan abonados/as: 5€ de desconto.

COMO E ONDE MERCO A MIÑA ENTRADA?

·As entradas están á venda na plataforma online do club noiafs.compralaentrada.com/eventos/.

·Tamén podes facerte coa túa entrada no local social do club (Rúa Carcasía, 7), de luns a venres en horario de 12:00h a 13:00h e 19:30h a 20:30h.

·Por último, e se quedaran entradas dispoñibles, no mesmo día dos partidos poñeríanse á venda as restantes na porta de acceso do Municipal Agustín Mourís en torno a 1 hora e media antes do inicio do partido.


bottom of page