top of page

VENDA DE ENTRADAS | Noia Portus Apostoli FS – Osasuna Magna (X20 Primeira División FS, mar. 25/02, 20:30h)


Xoves, 20/02/2025 · 14:25h · Imaxe (de arquivo): Foto Pichero


Xa están á venda as entradas para o partido da xornada 20 do campionato de Liga de Primeira División Fútbol Sala, que enfrontará ao Noia Portus Apostoli FS con Osasuna Magna o vindeiro martes 25 de febreiro ás 20:30h no Municipal Agustín Mourís.


PREZO E CONDICIÓNS DAS ENTRADAS

ABONADOS


GRATIS. Non teñen que mercar entrada, soamente deben presentar o seu carnet de abonado/a na porta de acceso ao Municipal Agustín Mourís.


NON ABONADOS


XERAL (+16 ANOS): 20€


MOZO (-16 ANOS): 10€


Nenos/as da Escola Deportiva do Club que non sexan abonados/as: 5€ de desconto.


COMO E ONDE MERCO A MIÑA ENTRADA?

·As entradas están á venda na plataforma online do Club noiafs.compralaentrada.com/eventos.



·Tamén podes facerte coa túa entrada no Local Social do Club (Rúa Carcasía, 7), do xoves 20 ao martes 25 (sen incluír fin de semana), os luns en horario de 18:00h a 19:00h e o resto de días en horario de 12:00h a 13:00h.


·Por último, e se quedaran entradas dispoñibles, o mesmo día do partido poñeríanse á venda as restantes na porta de acceso do Municipal Agustín Mourís en torno a 1 hora e media antes do inicio do partido.

Comments


bottom of page