
Martes, 11/02/2025 · 18:45h · Imaxe (de arquivo): Foto Pichero
Xa están á venda as entradas para o partido da xornada 18 do campionato de Liga de Primeira División Fútbol Sala, que enfrontará ao Noia Portus Apostoli FS co Servigroup Peñíscola FS o vindeiro mércores 19 de febreiro ás 20:00h no Municipal Agustín Mourís.
PREZO E CONDICÓNS DAS ENTRADAS
ABONADOS
GRATIS. Non teñen que mercar entrada, soamente deben presentar o seu carnet de abonado/a na porta de acceso ao Municipal Agustín Mourís.
PROMO - DÍA DO ABONADO: 100 ENTRADAS GRATIS. Para este encontro cada abonado poderá retirar UNHA entrada gratis ata chegar ao límite de 100. A solicitude e a recollida realizaranse exclusivamente no Local Social del Club (Rúa Carcasía, 7) entre o mércores 12 e o venres 14, en horario de 12:00h a 13:00.
NON ABONADOS
XERAL (+16 ANOS): 20€
MOZO (-16 ANOS): 10€
Nenos/as da Escola Deportiva do Club que non sexan abonados/as: 5€ de desconto.
COMO E ONDE MERCO A MIÑA ENTRADA?
·As entradas están á venda na plataforma online do Club noiafs.compralaentrada.com/eventos.
·Tamén podes facerte coa túa entrada no Local Social do Club (Rúa Carcasía, 7), do martes 11 ao mércores 19 (sen incluír fin de semana), os luns en horario de 18:00h a 19:00h e o resto de días en horario de 12:00h a 13:00h.
·Por último, e se quedaran entradas dispoñibles, o mesmo día do partido poñeríanse á venda as restantes na porta de acceso do Municipal Agustín Mourís en torno a 1 hora e media antes do inicio do partido.
Comments