top of page

VENDA ENTRADAS | Noia Portus Apostoli FS - Mallorca Palma Futsal (X25 Primeira División FS, dom. 31/03, 13:00h)


(foto: Pichero)

Xa están á venda as entradas para o partido da xornada 25 do campionato de Liga de Primeira División Fútbol Sala, que enfrontará ao Noia Portus Apostoli FS co Mallorca Palma Futsal o vindeiro domingo 31 de marzo ás 13:00h no Municipal Agustín Mourís.



PREZO E CONDICIÓNS DAS ENTRADAS

ABONADOS

GRATIS. Non teñen que mercar entrada, soamente deben presentar o seu carnet de abonado/a na porta de acceso ao Municipal Agustín Mourís.


·Posibilidade de liberación de asento: en caso de que non poidan asistir ao encontro, os abonados teñen a posibilidade de ceder o seu asento a disposición do club, en aras de axudar ao mesmo e producir un ambiente o máis espectacular posible no Agustín Mourís. Poderá facelo enviando unha notificación aos medios de WhatsApp (número 669 72 95 75) ou correo electrónico (administracion@noiafutbolsala.com) da entidade, así como no local social do club ou na web noiafs.compralaentrada.com, na sección “liberar o meu asento”.


NON ABONADOS

XERAL (+18 ANOS): 20€


XUVENIL (non abonados entre 14 e 17 anos): 15€


INFANTIL (non abonados menores de 14 anos): 10€


Nenos/as da Escola Deportiva do club que non sexan abonados/as: 5€ de desconto



COMO E ONDE MERCO A MIÑA ENTRADA?

·As entradas están á venda na plataforma online do club noiafs.compralaentrada.com/eventos/.


·Tamén podes facerte coa túa entrada no local social do club (Rúa Carcasía, 7), de martes 26 a venres 29 en horario de 12:00h a 13:00h.


·Por último, e se quedaran entradas dispoñibles, o mesmo día dos partidos poñeríanse á venta as restantes na porta de acceso do Municipal Agustín Mourís en torno a 1 hora e media antes do inicio do partido.

bottom of page