VENDA DE ENTRADAS | Noia Portus Apostoli FS – O Parrulo Ferrol FS (X15 Primeira División FS, sáb. 27/12, 18:30h)
- Departamento prensa Noia PA FS

- 3 days ago
- 1 min read

Xa están á venta as entradas para o partido correspondente á xornada 15 da Primeira División FS, que enfrontará ao Noia Portus Apostoli FS co O Parrulo Ferrol FS o vindeiro sábado 27 de decembro ás 18:30h no Municipal Agustín Mourís.
PREZO E CONDICIÓNS DAS ENTRADAS
ABONADOS
GRATIS. Non teñen que mercar entrada, soamente deben presentar o seu carnet de abonado/a na porta de acceso ao Municipal Agustín Mourís.
Lembramos a todos os abonados que non vaian a asistir ao encontro a posibilidade da cesión do seu asento a disposición do Club. O procedemento pódese levar a cabo tanto na plataforma online noiafs.compralaentrada.com, no apartado “liberar o meu asento”, como no Local Social do Club (rúa Carcasía, 7. Noia) no seu horario de apertura.
NO ABONADOS
·XERAL (+16 anos): 20€
·MOZO (-16 anos): 10€
Ao momento do ingreso no Municipal, revisarase a idade de todas as persoas que acudan cunha entrada MOZO (-16 anos).
COMO E ONDE MERCO A MIÑA ENTRADA?
·As entradas están á venda en noiafs.compralaentrada.com/eventos.
·Tamén podes facerte coa túa entrada no Local Social do Club (rúa Carcasía, 7. Noia), os luns, mércores e venres en horario de 19:00h a 20:00h (excepto festivos).
·Por último, e se quedaran entradas dispoñibles, o mesmo día do partido poñeríanse á venda as restantes na porta de acceso do Municipal Agustín Mourís en torno a 1 hora e media antes do inicio do partido.











Comments