![](https://static.wixstatic.com/media/46ef3d_fda58604bac94777a092571dfb02367f~mv2.jpg/v1/fill/w_147,h_90,al_c,q_80,usm_0.66_1.00_0.01,blur_2,enc_auto/46ef3d_fda58604bac94777a092571dfb02367f~mv2.jpg)
Xa están á venda as entradas para o partido da xornada 9 do campionato de Liga de Primeira División Fútbol Sala, que enfrontará ao Noia Portus Apostoli FS co Jaén Paraíso Interior FS o próximo sábado 4 de novembro ás 19:00h no Municipal Agustín Mourís.
PREZO E CONDICIÓNS DAS ENTRADAS
ABONADOS
GRATIS. Non teñen que mercar entrada, soamente deben presentar o seu carnet de abonado/a na porta de acceso ao Municipal Agustín Mourís.
·Posibilidade de liberación de asento: en caso de que non poidan asistir ao encontro, os abonados teñen a posibilidade de ceder o seu asento a disposición do club, en aras de axudar ao mesmo e producir un ambiente o máis espectacular posible no Agustín Mourís. Poderá facelo enviando unha notificación aos medios de WhatsApp (número 669 72 95 75) ou correo electrónico (administracion@noiafutbolsala.com) da entidade, así como no local social do club ou na web noiafs.compralaentrada.com, na sección “liberar o meu asento”.
NON ABONADOS
XERAL (+18 ANOS): 20€
XUVENIL (non abonados entre 14 e 17 anos): 15€
INFANTIL (non abonados menores de 14 anos): 10€
Nenos/as da Escola Deportiva do club que non sexan abonados/as: 5€ de desconto.
COMO E ONDE MERCO A MIÑA ENTRADA?
·As entradas están á venda na plataforma online do club noiafs.compralaentrada.com/eventos/.
·Tamén podes facerte coa túa entrada no local social do club (Rúa Carcasía, 7).
·Por último, e se quedaran entradas dispoñibles, o mesmo día dos partidos poñeríanse á venta as restantes na porta de acceso do Municipal Agustín Mourís en torno a 1 hora e media antes do inicio do partido.