top of page

VENDA DE ENTRADAS | Noia Portus Apostoli FS – Industrias Santa Coloma (X24 Primeira División FS, mar. 01/04, 21:00h)


Luns, 24/03/2025 · 17:30h · Imaxe (de arquivo): Foto Pichero


Xa están á venda as entradas para o partido da xornada 24 do campionato de Liga de Primeira División Fútbol Sala, que enfrontará ao Noia Portus Apostoli FS con Industrias Santa Coloma o vindeiro martes 1 de abril ás 21:00h no Municipal Agustín Mourís.


PREZO E CONDICIÓNS DAS ENTRADAS

ABONADOS


GRATIS. Non teñen que mercar entrada, soamente deben presentar o seu carnet de abonado/a na porta de acceso ao Municipal Agustín Mourís.


NON ABONADOS


XERAL (+16 ANOS): 20€


MOZO (-16 ANOS): 10€


Nenos/as da Escola Deportiva do Club que non sexan abonados/as: 5€ de desconto.


COMO E ONDE MERCO A MIÑA ENTRADA?

·As entradas están á venda na plataforma online do Club noiafs.compralaentrada.com/eventos.



·Tamén podes facerte coa túa entrada no Local Social del Club (Rúa Carcasía, 7), do luns 24 ao martes 1 (sen incluír fin de semana), os luns en horario de 18:00h a 19:00h e o resto de días en horario de 12:00h a 13:00h.


·Por último, e se quedaran entradas dispoñibles, o mesmo día do partido poñeríanse á venda as restantes na porta de acceso do Municipal Agustín Mourís en torno a 1 hora e media antes do inicio do partido.

Comments


bottom of page