top of page

Á venda as entradas para a final da XXXIII Copa Galicia FS

  • Writer: Departamento prensa Noia PA FS
    Departamento prensa Noia PA FS
  • Apr 2
  • 1 min read

Mércores, 02/04/2025 · 13:00h · Imaxe (de arquivo): Foto Pichero | De forma online desde xa e a partir do luns 7 no Local Social do Club.


Xa podes facerte coa túa entrada para a gran final da XXXIII Copa Galicia FS masculina! O Noia Portus Apostoli FS disputarase este xoves 17 de abril ás 18:00h fronte ao Stellae Leis Pontevedra FS no Municipal dos Deportes de Lugo a opción de erguer por cuarto curso consecutivo o trofeo autonómico. Ademais, tamén se xogará ás 12:00h a final feminina entre FSF Castro Bloques Cando e CD Burela FS.


A venda de entradas, cuxa organización corresponde ao Ribeira FS como Club anfitrión e á Real Federación Galega de Fútbol, está aberta actualmente tan só de maneira online. A partir do vindeiro luns 7 tamén haberá localidades dispoñibles á venda no Local Social del Club (Rúa Carcasía, 7), en horario por confirmar.


Prezos e modalidades

·ABONO para ambas finais: 15€


·Entrada INDIVIDUAL para cada final: Adulto (maiores de 15 anos): 10€ | Infantil (menores de 15 anos): 5€



Todas as entradas á venda son sen numerar e sen asento asignado.


Horarios das finais

·XVIII Copa Galicia FS feminina | FSF Castro Bloques Cando vs CD Burela FS | 12:00h

·XXXIII Copa Galicia FS masculina | Stellae Leis Pontevedra FS vs Noia Portus Apostoli FS | 18:00h



Comments


bottom of page