A partir das 20:30h abrirase a venda online, e nos seguintes días tamén se poderán mercar no local social do club.
Noia xa se prepara para ser a capital do fútbol sala galego. Na tarde de hoxe, venres 28 de abril, quedará aberto o prazo de compra de entradas para as finais de Copa Galicia masculina e feminina, que se disputarán o vindeiro mércores 17 de maio, día das Letras Galegas, no Municipal Agustín Mourís. As mesmas poderanse adquirir a partir das 20:30h a través da páxina web noiafs.compralaentrada.com/eventos/, así como nos seguintes días no local social do club (Rúa Carcasía 7. Horario de 12:00h a 13:00h e 18:00h a 19:00h. Aberto este sábado 29 de 12:00h a 13:00h).
Os horarios das finais
A final da XVI Copa Galicia feminina, que enfronta ao Ence Marín Futsal e o Pescados Rubén Burela, disputarase ás 12:30h dese mércores 17 de maio.
Pola súa parte, a final da XXXI Copa Galicia masculina a xogarse entre Noia Portus Apostoli FS e CD Lugo Sala, ten como horario as 19:00h do mércores 17 de maio.
コメント