
Martes, 04/03/2025 · 11:00h · Imaxe (de arquivo): Foto Pichero
Aberta a venda de entradas para o partido nomeado "Día do Club" que enfrontará ao Noia Portus Apostoli FS co CD Burela FS o domingo 16 de marzo ás 13:00h no Municipal Agustín Mourís, pola 22ª xornada da Primeira División Fútbol Sala.
Todos os abonados XERAL, MOZO, FAMILIAR e ACOMPAÑANTE FAMILIAR terán de prazo ata o LUNS 10 de marzo ás 12:30h para mercar a ENTRADA DO SEU ASENTO.
TODOS OS ASENTOS NON MERCADOS POR ESES ABONADOS Á FINALIZACIÓN DESTE PRAZO QUEDARÁN LIBERADOS. A PARTIR DESE MOMENTO, TODO ABONADO QUE QUEIRA MERCAR UNHA ENTRADA PODERÁ FACELO, PERO, POSIBLEMENTE, NUN ASENTO DISTINTO AO SEU.
PREZO E CONDICIÓNS DAS ENTRADAS - ABONADOS
SENTIMENTO: GRATIS. Non teñen que mercar entrada, soamente deben presentar o seu carnet de abonado, xa sexa físico ou dixital, na porta de acceso ao Municipal Agustín Mourís. Posibilidade de liberación de asento para todo abonado/a Sentimento que non vaia a asistir ao encontro, tanto no Local Social del Club (Calle Carcasía, 7), como na web noiafs.compralaentrada.com, no apartado “liberar o meu asento”.
XERAL, FAMILIAR E ACOMPAÑANTE FAMILIAR*: 10€. *Acompañante familiar maior de 16 anos.
MOZO E ACOMPAÑANTE FAMILIAR*: 5€. *Acompañante familiar menor de 16 anos.
PREZO E CONDICIÓNS DAS ENTRADAS - NON ABONADOS
XERAL (maior de 16 anos): 20€
MOZO (menor de 16 anos): 10€
COMO E ONDE MERCO A MIÑA ENTRADA?
Tanto as entradas para non abonados como as de abonados Xeral, Familiar e Acompañante Familiar xa están á venda na plataforma online do Club.
Tamén podes facerte coa túa entrada no Local Social do Club (Rúa Carcasía, 7), os luns en horario de 18:00h a 19:00h e o resto da semana en horario de 12:00h a 13:00h (sen incluír fin de semana).
コメント