top of page

VENDA ENTRADAS | Noia PA FS-Mallorca Palma Futsal (1/4 PlayOff, partido 2; sáb. 27, 19:00h)


(foto: Pichero)

Xa están á venda as entradas para o partido 2 dos cuartos de final do PlayOff polo título de Liga de Primeira División, que enfrontará ao Noia Portus Apostoli FS co Mallorca Palma Futsal o próximo sábado 27 de maio ás 19:00h no Municipal Agustín Mourís.


PREZO E CONDICIÓNS DAS ENTRADAS


SOCIOS – VENDA ANTICIPADA


SENTIMENTO: GRATIS. Non teñen que mercar entrada, soamente deben presentar o seu carnet de socio na porta de acceso ao Municipal Agustín Mourís.


XERAL: 15€ (deben reservar o seu asento por web ou no local social ANTES DO MÉRCORES 24 ÁS 22:00h).


XUVENIL (socios de entre 14 e 17 anos): 10€.


INFANTIL (socios menores de 14 anos): 10€.


Os socios XERAL, FAMILIAR, XUVENIL e INFANTIL que NON MERQUEN a súa entrada antes do MÉRCORES 24 ÁS 22:00h, deixarán o seu asento LIBERADO.


NON SOCIOS


NON SOCIOS: 25€


XUVENIL (non socios entre 14 e 17 anos): 20€


INFANTIL (non socios menores de 14 anos): 15€


Poden mercar entrada dos asentos dispoñibles que non pertencen a socios desde XA, e os que queden libres dos socios que non merquen a súa entrada unha vez finalice a venda anticipada a socios, é dicir, a partir do xoves 25.


COMO E ONDE COMPRO A MIÑA ENTRADA?


As entradas están á venda desde xa na plataforma online do club noiafs.compralaentrada.com.


Tamén podes facerte coa túa entrada no local social do club (Rúa Carcasía, 7) entre o luns 22 e o venres 26 en horario de 12h a 13h e 18h a 21h.


Por último, e se quedaran entradas dispoñibles, o mesmo día de partido (sábado 27 de maio) poñeríanse á venda as restantes na porta de acceso do Municipal Agustín Mourís a partir das 17:00h.

bottom of page