top of page

VENDA ENTRADAS | Noia Portus Apostoli FS-Jaén Paraíso Interior FS (X23 Liga, sáb. 18, 18:30h)


(foto: Manuel Lorenzo)

Xa están á venda as entradas para o partido da xornada 23 do campionato de Liga de Primeira División, que enfrontará ao Noia Portus Apostoli FS co Jaén Paraíso Interior FS o próximo sábado 18 de marzo ás 18:30h no Municipal Agustín Mourís.


PREZO E CONDICIÓNS DAS ENTRADAS


NON SOCIOS: 20€


XUVENIL (non socios entre 14 e 17 anos): 15€


INFANTIL (non socios menores de 14 anos): 10€


SOCIOS: GRATIS. Non teñen que mercar entrada, soamente deben presentar o seu carnet de socio na porta de acceso ao Municipal Agustín Mourís.


Nenos/as da Escola Deportiva del club que non sexan socios/as: 5€ de desconto.


COMO E ONDE MERCO A MIÑA ENTRADA?


As entradas están á venda desde xa na plataforma online do club noiafs.acyti.com.


Tamén podes facerte coa túa entrada no local social do club (Rúa Carcasía, 7) entre o luns 13 e o venres 17 en horario de 12h a 13h e 18h a 19h.


Por último, e se quedaran entradas dispoñibles, o mismo día de partido (sábado 18 de marzo) poñeríanse á venda as restantes na porta de acceso ao Municipal Agustín Mourís a partir das 16:30h.


bottom of page