top of page

VENDA ANTICIPADA DE ENTRADAS PARA ABONADOS – DÍA DO CLUB | Noia Portus Apostoli FS - ElPozo Murcia Costa Cálida FS


(foto: Pichero)

Desde este luns 26 de febreiro e ata o vindeiro luns 4 ás 13:00h, ábrese a venda de entradas anticipada, destinada soamente a abonados, para o partido nomeado día del club que enfrontará ao Noia Portus Apostoli FS co ElPozo Murcia Costa Cálida FS o próximo venres 8 de marzo ás 21:00h no Municipal Agustín Mourís, pola 23ª xornada da Primeira División Fútbol Sala.

A venda anticipada de entradas inclúe SOAMENTE A ABONADOS do Noia Portus Apostoli FS. Este prazo estará aberto ata o LUNS 4 de marzo ás 13:00h. TODOS OS ASENTOS NON MERCADOS POLOS ABONADOS NESTE PRAZO, QUEDARÁN LIBERADOS NO MOMENTO DE PECHE DO MESMO. A PARTIR DESE MOMENTO, TODO ABONADO QUE QUEIRA MERCAR UNHA ENTRADA, SE QUEDAN DISPOÑIBLES, PODERÁ FACELO, PERO A PREZO DE NON ABONADO E, POSIBLEMENTE, NUN ASENTO DISTINTO AO SEU.

A partir do luns 4, emitirase información sobre a venda a non abonados.


PREZO E CONDICIÓNS DAS ENTRADAS


SENTIMENTO: GRATIS. Non teñen que mercar entrada, soamente deben presentar o seu carnet de abonado, xa sexa físico ou dixital, na porta de acceso ao Municipal Agustín Mourís.

XERAL, FAMILIAR E ACOMPAÑANTE FAMILIAR*: 15€. *Acompañante familiar maior de 17 anos.

XUVENIL E ACOMPAÑANTE FAMILIAR*: 10€. *Acompañante familiar entre 14 e 17 anos (incluídos).


INFANTIL E ACOMPAÑANTE FAMILIAR*: 5€. *Acompañante familiar menor de 14 anos.

COMO E ONDE MERCO A MIÑA ENTRADA?

As entradas están á venda na plataforma online do club, noiafs.compralaentrada.com/eventos/.

Tamén podes facerte coa túa entrada no local social del club (Rúa Carcasía, 7) entre o martes 27 e o luns 4 en horario de 12:00h a 13:00h e 18:30h a 19:30h.


·Posibilidade de liberación de asento

O abonado/a que non vaia a asistir ao encontro poderá liberar o seu asento tanto no local social do club (Rúa Carcasía, 7), como na web noiafs.compralaentrada.com, no apartado “liberar o meu asento”.

bottom of page