A unión entre o Noia Portus Apostoli FS e Scientiffic Nutrition continúa por sexta temporada
- Departamento prensa Noia PA FS

- Sep 3, 2025
- 2 min read

Este mes de agosto cumpriuse un lustro desde que o Noia Portus Apostoli FS acollera na súa familia á mellor marca de suplementación deportiva, Scientiffic Nutrition. Unha relación que continúa cada temporada máis forte e consolidada, tal e como seguirá sendo nesta 2025/2026 que acaba de empezar.
Scientiffic Nutrition é a empresa líder en suplementación deportiva e complementos alimenticios, 100% española e que tamén traballa con outras institucións de elite como a Selección Española de Fútbol, o Real Betis Balompié, o RC Celta de Vigo ou o RCD Espanyol. A súa ampla gama inclúe produtos de alta calidade deseñados para optimizar o rendemento deportivo e promover un estilo de vida saudable, utilizando tecnoloxía de vangarda e sometendo os seus produtos a rigurosos controis de calidade para cumprir cos estándares máis esixentes.
Todos os produtos destacan pola súa innovación e efectividade para axudar ás personas a alcanzar o seu máximo potencial e manter unha saúde óptima. Diso se beneficiarán os xogadores noieses un curso máis, nun reforzo de esta alianza que reflicte a unión entre a tradición e o crecemento do Noia Portus Apostoli FS e a innovación e calidade de Scientiffic Nutrition.
Desde a marca, o seu Director de Marketing Eduardo Varela declarou: “O Noia Portus Apostoli FS é un Club que simboliza o esforzo, a paixón e a ambición do deporte galego. Estamos encantados de acompañalos neste camiño e de aportar as nosas solucións para axudalos a competir nas mellores condicións”.
Noia Portus Apostoli FS e Scientiffic Nutrition, unidos cara unha nova temporada ilusionante e de grandes retos!











Comments