top of page

Todo sobre o histórico PlayOff do Noia Portus Apostoli FS!

O primeiro partido dispútase o mércores 24 ás 19:30h en Palma, o segundo o sábado 27 ás 19:00h no Agustín Mourís. De haber un terceiro, sería nunha data por determinar.

Xa está á volta da esquina! En tan solo dous días, o Noia Portus Apostoli FS afronta unha histórica participación no PlayOff polo título de Liga de Primeira División, proeza alcanzada na súa temporada de estrea na elite. Tras terminar o pasado sábado a fase regular, os de Marlon Velasco xa coñecen rival e horarios para a ronda de cuartos de final.


O funcionamento do PlayOff, o rival e os horarios


Como 8º clasificado, ao Noia Portus Apostoli FS corréspondelle enfrontarse nos cuartos de final do PlayOff ao 1º e campión da Liga regular, que este curso foi o tamén recentemente coroado campión de Europa, Mallorca Palma Futsal.


·Partido 1 | Mallorca Palma Futsal-Noia Portus Apostoli FS | Mércores 24 de maio, 19:30h


·Partido 2 | Noia Portus Apostoli FS-Mallorca Palma Futsal | Sábado 27 de maio, 19:00h


·Partido 3 (si fora necesario) | Mallorca Palma Futsal-Noia Portus Apostoli FS | Horario por confirmar


O gañador desta eliminatoria de cuartos de final decídese ao mellor de tres partidos, é dicir, o primeiro conxunto que gañe dous encontros, avanza a semifinais. De non haber gañador tras os 40 minutos regulamentarios, disputaríase unha prórroga de dúas partes de 3 minutos cada unha, que de tampouco decidir vencedor daría lugar a unha tanda de penaltis ao mellor de 5 lanzamentos.

bottom of page