Tiago Rodríguez finaliza 8º con Galicia no Campionato de España de Seleccións Autonómicas Sub-12
- 6 days ago
- 1 min read

Tiago Rodríguez e a Selección Galega Sub-12 regresan do Campionato de España de Seleccións Autonómicas en Torrejón de Ardoz cunha meritoria 8ª praza. O xogador da Escola Noiesa puido gozar dunha gran experiencia deportiva e vital, na que ademais contribuiu con 4 goles nos 5 partidos disputados.
O equipo galego terminou a fase de grupos en 2ª praza, despois de caer ante Cataluña (6-2) e superar a País Vasco (0-4) e Castela-A Mancha (5-4). A derrota contra Estremadura (3-4) no duelo pola quinta posición enviouno ao partido pola sétima este domingo, no que tamén cedeu pola mínima e no último minuto ante Aragón (4-3).
Sabemos que gozastes ao máximo desta gran experiencia, Tiago! Toda a familia noiesa está moi orgullosa de ti!






Comments