top of page

Tiago Rodríguez, ao Campionato de España de Seleccións Autonómicas Sub-12

  • 2 days ago
  • 1 min read
Martes, 12/05/2026 · 18:15h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | O xogador da Escola Noiesa disputará o torneo en Torrejón de Ardoz co combinado autonómico.
Martes, 12/05/2026 · 18:15h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | O xogador da Escola Noiesa disputará o torneo en Torrejón de Ardoz co combinado autonómico.

O Campionato de España de Seleccións Autonómicas Sub-12 contará con representación noiesa. Tiago Rodríguez, xogador da categoría Alevín da Escola Deportiva branca, foi incluído na lista do seleccionador Nino García para disputar o torneo a partir deste mércores 13 en Torrejón de Ardoz.


A selección galega participará no Grupo C na primeira fase da competición, enfrontándose a Cataluña (mércores 13, 10:30h) no Pavillón de Deportes Daganzo, a País Vasco (xoves 14, 12:30h) no Jorge Garbajosa e a Castilla-La Mancha (venres 15, 10:30h) no Daganzo. A partir da súa clasificación, xogarán o sábado e domingo a Final Four A, a Final Four B, a Final Four C ou o triangular final D.


Moita sorte, Tiago! Toda a familia noiesa está moi orgullosa de ti!

Comments


bottom of page