O conxunto de Tomás de Dios enfrontarase ao Oleoinnova Mengíbar FS o 21 ou o 22 de novembro na cuarta eliminatoria do torneo do KO.
Tras coñecer onte ao seu rival en cuartos de Copa Galicia, o Noia Portus Apostoli FS volveu aos bombos na tarde de hoxe xoves, neste caso para dirimir o seu rival na cuarta eliminatoria da Copa do Rei. O azar quixo que os noieses se enfronten como visitantes ao Oleoinnova Mengíbar FS no Pavillón Sebastián Moya Lorca o vindeiro martes 21 ou mércores 22 de novembro.
Un vello coñecido do Portus Apostoli, que efectuou o seu debut en Segunda División alá polo año 2017 contra os mengibareños, e contra o que disputou varios enfrontamentos nese periplo de ambos na categoría de prata.
Despois dunha temporada en Segunda División B, o curso pasado lograron o ascenso a Segunda no PlayOff, superando ao Ciudad de Móstoles. Nesta campaña, en catro partidos son 15º con 1 punto. No seu plantel figuran xogadores coñecidos para a parroquia noiesa, como Dani Martín, Tortu, Ureña, Colacha ou Cristian Ramos. Na Copa do Rei, os dirixidos por Javi Roca superaron este mércores ao FS VivoCuenca por un marcador de 2-3 na rolda anterior.
Estes son o resto de encontros que deparou o sorteo da cuarta eliminatoria copeira:
Commentaires