top of page

Rubi amplía a súa vinculación co Portus Apostoli ata 2027

  • Writer: Departamento prensa Noia PA FS
    Departamento prensa Noia PA FS
  • 2 days ago
  • 1 min read
Xoves, 29/01/2026 · 19:16h | O santiagués cumplirá a súa terceira temporada no cadro branco.
Xoves, 29/01/2026 · 19:16h | O santiagués cumplirá a súa terceira temporada no cadro branco.

O Noia Portus Apostoli FS e o xogador Rubi alcanzaron un acordo para prolongar a súa relación contractual por unha temporada más, ata xuño de 2027.


O á de Santiago de Compostela cumprirá, desta maneira, o seu terceiro curso no Club, ao que chegou no verán de 2024 procedente do Movistar Inter FS. Ata o momento, vestiu a camiseta do Portus Apostoli nun total de 45 partidos de competición oficial, anotando 9 goles, nos que ergueu unha Copa Galicia FS, ademais de ser fundamental na consecución da pasada permanencia en Primeira División FS.


A súa experiencia, xerarquía, coñecemento do xogo e talento convertérono desde a súa aterraxe no Municipal Agustín Mourís nunha peza moi importante nos esquemas de David Palmas e no vestiario, do que é o terceiro capitán desde agosto.

Comments


bottom of page