top of page

IES Coruxo FS, rival nos cuartos de final da XXXII Copa Galicia

Os noieses comezarán a defensa do título o vindeiro mércores 1 de novembro na pista do equipo vigués en horario aínda por confirmar.


O Noia Portus Apostoli FS xa sabe a quen se enfrontará no seu primeiro paso na XXXII Copa Galicia. O IES Coruxo FS será o opoñente o vindeiro mércores 1 de novembro, en duelo da eliminatoria de cuartos de final (a partido único) que se disputará no Municipal As Traviesas de Vigo.

O conxunto branco, gañador da competición autonómica nas súas últimas dúas edicións, coñeceu o seu rival na tarde deste mércores 18, no sorteo realizado pola Real Federación Galega de Fútbol por vía telemática. Os demais cruces de cuartos de final son os seguintes:

·Stellae FS – Valga vs Pescados Rubén Burela FS

·A Estrada Futsal vs O Parrulo Ferrol FS

·Ribeira FS/Grupo Forma-t Vilalba FS vs Lugo Sala




Σχόλια


bottom of page