top of page

A xogada máis viral: o regate de Altamirano supera o millón de reproduccións

A xenial manobra do arxentino ante Viña Albali Valdepeñas rexistra números de éxito en redes sociais.

(foto: Pichero)

Un dos contidos máis de moda do fútbol sala actualmente leva el selo do Noia Portus Apostoli FS. Para ser máis concretos, o de Leandro Altamirano, cuxo regate de videoxogo, realizado no partido ante Viña Albali Valdepeñas o pasado mes de febreiro, superou o millón de reproduccións na rede social Instagram, sumando tamén grandes números no resto de plataformas.






Se aínda non vistes o despregue de talento e velocidade nun palmo de parqué do á arxentino, debes ser dos poucos/as. Desde o seu lanzamento, o 28 de febreiro, o vídeo consagrouse como un auténtico éxito ata destrozar os anteriores récords de interaccións e visualizacións nas redes sociais do Club nin pasado un mes da súa publicación. En X a xogada está por riba da media, con case 8.000 impresións e 3.500 reproduccións. Pola súa parte, en Facebook supera as 17.000 visualizacións e as 130 reaccións, tamén sobrepasando o habitual, como en YouTube, con máis de 10.000 reproduccioóns e 150 reaccións. E en TikTok é o contido con mellores números da conta noiesa, con máis de 64.000 vistas e 1.700 gústame.


Pero se nalgunha rede social triunfou é, sen dúbida, Instagram. Á estatística de más de 1 millón de reproduccións únense as 660.000 contas alcanzadas, 41.000 gústame, 2.115 novos seguidores (rebasando os 11.000 no total), 35 comentarios... e todo iso subindo. Ademais, varios perfís de gran atracción de seguidores e apaixonados do fútbol sala compartiron e/ou xeraron contido a partir da acción, por exemplo, intentando replicala paso por paso.

Comments


bottom of page