top of page

Lluc continuará sendo o capitán do barco noiés na súa quinta temporada

O á catalán manterase como o xogador con máis campañas no plantel do Portus Apostoli.

Noia e Lluc continuarán da man por quinta temporada consecutiva, despois de que club e xogador chegaran a un acordo para ampliar o contrato que os une ata xuño de 2024.

A enorme progresión do primeiro equipo branco, desde loitar pola permanencia en Segunda ata situarse entre os mellores oito de Primeira, non se entende sen o compromiso, o sentido de pertenza, a intensidade e a garra, valores que representan ao 100% a estadía de Lluc no Portus Apostoli.


O catalán, de 29 años, disputou desde a súa chegada en verán de 2019 un total de 123 encontros oficiais, logrando polo camiño 34 goles e sendo peza clave nos títulos de campión de Segunda División e as dúas Copa Galicia, ademais da pasada clasificación ao PlayOff polo título de Primeira no curso de debut na elite, que tamén foi o seu primeiro como primeiro capitán do plantel noiés.


A de Lluc é a terceira renovación confirmada no equipo de Tomás de Dios, tras as de Altamirano e Power Raggiati.

bottom of page