Este sábado, colabora con Cruz Vermella Noia
- Departamento prensa Noia PA FS
- Dec 19, 2023
- 1 min read
Habilitarase no Municipal, no partido ante Jimbee Cartagena, un punto de recollida de produtos de hixiene persoal e limpeza do fogar.

No partido contra Jimbee Cartagena, dunha forma ou outra, xogaremos todos. Nestas datas tan especiais que se aveciñan, o Noia Portus Apostoli FS une forzas con Cruz Vermella Noia para axudar aos que máis o precisan.
Na porta de acceso do Pavillón Municipal Agustín Mourís atoparase un punto destinado ao depósito de produtos de hixiene persoal e limpeza do fogar en favor da organización, que os destinará a familias vulnerables da zona.
É por iso que, desde o Club, animamos a que todas as persoas que veñan ao Municipal a animarnos este sábado 23, no noso último encontro do año, traian consigo tamén unha mostra de solidaridade e afecto desinteresados que nos faga medrar a todos xuntos.
Comments