Aínda estás a tempo… de vivir a devoción | Promoción abono media temporada 2025/2026
- Departamento prensa Noia PA FS

- Dec 29, 2025
- 2 min read

O Noia Portus Apostoli FS despediu 2025 cunha gran vitoria no derbi galego. A guinda a unha primeira volta ligueira histórica en Primeira División FS, ao que hai que sumar a clasificación a cuartos de final da Copa do Rei FS. Por todo iso, vén un 2026 e unha segunda metade de campaña plagadas de ilusión e #BrancaDevoción... á que te podes unir XA facéndote cun dos 50 abonos dispoñibles na promoción de abono de media temporada 2025/2026!
Dúas modalidades de abono
O Club habilita dous tipos de abono de cara a esta promoción de segunda metade de temporada:
ABONO XERAL: 99€ (Maiores de 16 anos. INCLÚE todos os partidos restantes de Liga, a excepción do declarado Día del Club, no que se pagaría entrada a prezo reducido. NON INCLÚE o partido de cuartos de final da Copa do Rei FS nin os do Filial de Segunda División “B”).
ABONO MOZO: 50€ (Menores de 16 anos. INCLÚE todos os partidos de Liga, a excepción do declarado Día do Club, no que se pagaría entrada a prezo reducido, e os do Filial de Segunda División “B”. NON INCLÚE o partido de cuartos de final da Copa do Rei FS).
O procedemento de novo abono pódese levar a cabo tanto no Local Social del Club (rúa Carcasía, 7. Noia), os luns, mércores ou venres (excepto festivos) en horario de 19:00h a 20:00h ou en noiafs.compralaentrada.com.
Desde o Club lémbrase que, tal e como se aprobou na última Asemblea Xeral Ordinaria, os carnets de abonado son nominativos, persoais e intransferibles, é dicir, só poderá asistir co mesmo aos partidos a persoa á que está asignada o carnet.
Retirada do carnet en formato físico e dixital
Coa intención de reducir a utilización de plásticos e contribuír a preservar o noso medio ambiente, desde o Club ponse a disposición dos abonados a posibilidade de posuír o carnet de abonado tan só en formato dixital, xa sexa en PassBook, PassWallet ou PDF. Así mesmo, os abonados que desexen ter o seu carnet en formato físico poderán solicitalo no Local Social.











Comments