top of page

PREVIA X9 | Noia Portus Apostoli FS-Jaén Paraíso Interior FS | En busca da regularidade na casa

Os noieses reciben este sábado 4 ás 19:00h ao actual campión de Copa, nun Agustín Mourís que cambiará a súa apariencia por motivo da emisión en Teledeporte, ademais de FEF TV.
Os manchegos Carlos Rodrigo Miguel e Fermín Ángel Sánchez-Molina Tapiador arbitrarán o encontro.

Power, co balón, ante Machado nun adestramento (foto: Manuel Lorenzo)

Tras conseguir o pase á semifinal da XXXII Copa Galicia o pasado mércores, o Noia Portus Apostoli FS volve a activar o chip ligueiro para recibir ao Jaén Paraíso Interior FS este sábado 4 ás 19:00h, en partido da xornada 9 da Primeira División FS.

No seo do conxunto noiés os esforzos céntranse en volver a sumar de tres. Estiveron a piques de facelo en Murcia, e agora queren facer bo ese punto e lograr o segundo triunfo seguido no Mourís, onde o obxectivo claro é atopar a regularidade e construír canto antes un fortín de onde saian os menos puntos posibles. Coas boas sensacións ofrecidas por Matheus Preá e Attos en Vigo, Tomás de Dios podería contar con todo o plantel a pleno rendemento para este sábado.

Unha moi boa nova, máis tendo en conta que visita a vila un dos equipos máis intensos e competitivos da categoría que, para sorpresa de propios e estraños, sitúase actualmente un posto e un punto por debaixo do 11º con 8 que ocupan os brancos. Tan só dúas vitorias, a última a lograda a pasada fin de semana ante Viña Albali Valdepeñas, conseguiron os de Dani Rodríguez, actuais campións da Copa de España e subcampións de Liga, que viaxan a Noia sen dúas pezas importantes como Chino e César Velasco. Si o farán xogadores da talla de Alan Brandi, Mati Rosa (irmán do noso Nico Rosa), Pablo Taborda, Espíndola, Renato ou as incorporacións estivais Dudú, Hélder, Pablo del Moral e Dani Zurdo, que aseguran un enfrontamento de alta tensión.

Pase o que pase sobre o parqué, xa será un día histórico para o Club noiés. Por primeira vez, un partido do Portus Apostoli emitirase en directo e en abierto a nivel nacional, polo canal temático de TVE, Teledeporte, aspecto que, precisamente, provocará o puntual cambio de superficie, coa colocación do parqué negro que loce en cada emisión do ente público. Só queda redondealo coa alegría que proporcionaría un novo +3 na casa.


 

Declaracións previas



Emisión en directo

O partido emitirase en directo por Teledeporte e FEF TV este sábado 4 a partir das 19:00h.

Árbitros

Os manchegos Carlos Rodrigo Miguel e Fermín Ángel Sánchez Molina-Tapiador. Non existen precedentes de arbitraxes en partidos do Noia Portus Apostoli FS de ningún dos dous.

Precedentes

·12 de novembro de 2022 | X8 Primeira División FS 2022/2023 | JPI 4-3 NPA

·18 de marzo de 2023 | X23 Primeira División FS 2022/2023 | NPA 3-3 JPI

Comments


bottom of page