top of page

PREVIA X8 PRIMEIRA DIVISIÓN FS | Noia Portus Apostoli FS – Servigroup Peñíscola FS | Refuxiarse no fortín

  • Writer: Departamento prensa Noia PA FS
    Departamento prensa Noia PA FS
  • Oct 31
  • 2 min read
Venres, 31/10/2025 · 19:51h · Imaxe: Foto Pichero | Os brancos regresan ao seu fogar (sáb. 01/11, 20:00h. TV: LALIGA+) coa misión e a intención de seguir convirténdoo na súa fonte principal de puntos.
Venres, 31/10/2025 · 19:51h · Imaxe: Foto Pichero | Os brancos regresan ao seu fogar (sáb. 01/11, 20:00h. TV: LALIGA+) coa misión e a intención de seguir convirténdoo na súa fonte principal de puntos.

Despois de dúas saídas consecutivas, o Portus Apostoli volve ao Agustín Mourís. Alí, na súa pista, disputará os seus dous próximos partidos, empezando polo deste sábado 1 de novembro a partir das 20:00h fronte ao Servigroup Peñíscola FS pola oitava xornada de Primeira División FS.


A semana de dobre desprazamento traduciuse en dúas derrotas que deixaron un sabor amargo no equipo branco. A pesar de ofrecer grandes momentos en ambos, os duelos en Palma e Tudela escapáronse por detalles no tramo final. Para quitarso, os de David Palmas buscarán refuxiarse nun Mourís que, desde finais de febreiro, só lle trae boas novas.


Semana de traballo coa mente en volver á senda do triunfo | Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS
Semana de traballo coa mente en volver á senda do triunfo | Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS

Oito partidos de Liga seguidos sumando en condición de local -ademais dun empate contra SC Braga e un triunfo ante Illes Balears Palma Futsal en amistosos- acumula o Portus Apostoli. Ademais diso, o cadro noiés ten a confianza dos 10 puntos no seu casilleiro. Coa súa xente, faise moito máis forte. Como na casa, en ningures. E este sábado ten unha nova oportunidade para demostralo e continuar mirando cara arriba na táboa.


Un Servigroup Peñíscola FS pendente de alzar o voo


Precisamente, o último equipo ata a data capaz de gañar como visitante en Noia foi o Servigroup Peñíscola FS. O campión da pasada Copa de España FS e da Liga regular 24/25 aterra na Vila nunha situación distinta á de hai uns meses. Os peñiscolanos, que este verán perderon a pezas clave como Pani ou Gauna, son 14º con 6 puntos e precisan unha vitoria para propulsarse na clasificación. Aínda así, Santi Valladares segue contando con moito talento nas súas mans e varios internacionais españois como Gus, Diego Quintela, Juanqui, Pablo Muñoz e Diego Sancho, entre outros nun potente e amplo plantel.



Declaracións previas


Entradas

Á venda na páxina web noiafs.compralaentrada.com/eventos. Se quedan dispoñibles, poñeranse á venda na porta de acceso do Municipal Agustín Mourís o día do partido a partir das 18:30h.


Emisión en directo

O duelo contará coa emisión en directo e en exclusiva a través de LALIGA+ (baixo subscripción), por web e app, este sábado 1 a partir das 20:00h.


Árbitros

Francesc García-Donàs Salvador e Iván López Galiano, do comité catalán. Con García-Donàs Salvador, balance de catro vitorias e unha derrota; con López Galiano, dúas derrotas en dous encontros.


Precedentes (balance oficial: 0V-1E-5D)

·6 de novembro de 2021 | X10 Segunda División FS 2021/2022 | PEÑ 4-1 NPA


·12 de marzo de 2022 | X27 Segunda División FS 2021/2022 | NPA 2-2 PEÑ


·18 de outubro de 2023 | X6 Primeira División FS 2023/2024 | NPA 2-5 PEÑ


·2 de marzo de 2024 | X21 Primeira División FS 2023/2024 | PEÑ 5-3 NPA


·16 de novembro de 2024 | X6 Primeira División FS 2024/2025 | PEÑ 2-0 NPA


·19 de febreiro de 2025 | X18 Primeira División FS 2024/2025 | NPA 2-5 PEÑ

Comments


bottom of page