top of page

PREVIA X8 PRIMEIRA DIVISIÓN FS | Quesos Hidalgo Manzanares FS - Noia Portus Apostoli FS | Insistir, insistir e volver a insistir


Sábado, 23/11/2024 · 12:00h · Imagen: Foto Pichero | Terceiro partido en oito días para o cadro noiés, que abordará este domingo 24 ás 13:00h no Manzanares Arena unha nova oportunidade de deixar atrás a dinámica negativa.


Continúa o ritmo de cruceiro para o Noia Portus Apostoli FS co terceiro de cinco partidos en 14 días. Recentemente saídos da intersemanal 7ª xornada, a 8ª leva á pista do Quesos Hidalgo Manzanares FS, coa clara misión de cortar unha racha negativa que xa dura demasiado, este domingo 24 ás 13:00h.


Pechacancelas con 1 punto, único equipo que aínda non gañou, máis de tres partidos sen marcar e acosado polas baixas. Eses son os fríos números que reflicten os 7 primeiros encontros ligueiros dun Portus Apostoli ao que, a pesar de xerar, competir e nunca renderse, todo lle está saíndo cruz. A través da unión do grupo e a confianza no bo trabajo desenvolto nos adestramentos e os partidos, os noieses confían en que a pelota acabará entrando máis cedo que tarde.


Os noieses non só terán que derrubar esa barreira, senon que tamén tumbar a historia. Nunca volveu o cadro branco con tres puntos das súas visitas ao conxunto manchego, con 6 derrotas en 6 duelos disputados entre o Antonio Caba e o Manzanares Arena. Boa proba do fortes que son os de Juanlu Alonso como locais, condición na que lograron os seus dous triunfos. O poderío ofensivo, con Daniel, Juan Emilio, Antoñito ou Zequi e a pesar da perda de Cortés, e un estilo de xogo moi recoñecible definen aos queixeiros, que veñen de caer entre semana ante ElPozo por 4-1.


Esquecerse de absolutamente todo o negativo e centrarse no que está da súa man desde a cabeza e o orgullo é o que terá que facer o Noia nada máis poñer pé no Manzanares Arena, porque aí estará parte inicial do primeiro paso adiante para frear canto antes esta dinámica que nin equipo nin afección merecen.


 

Declaraciónds previas




O desprazamento

A expedición noiesa iniciou a viaxe a terras manchegas a primeira hora da mañá do sábado. Ás 18:00h realizarán o último adestramento no Pavillón Rafa Yunta de Ocaña, con chegada prevista ao seu hotel de concentración sobre as 20:00h.


Emisión en directo

O encuentro emitirase en directo e en exclusiva a través da plataforma de pago FEF TV, en web e app, este domingo 24 ás 13:00h.


Árbitros

Eder Gómez de Salazar Fernández (comité vasco) e David Urdánoz Apezteguía (comité navarro). En Primeira, con Gómez de Salazar balance dunha vitoria e dúas derrotas. Con Urdánoz Apezteguía, dúas vitorias.


Precedentes

·16 de decembro de 2017 | X14 Segunda División FS 2017/2018 | NPA 3-1 QHM


·21 de abril de 2018 | X29 Segunda División FS 2017/2018 | QHM 4-1 NPA


·15 de decembro de 2018 | X14 Segunda División FS 2018/2019 | QHM 4-2 NPA


·27 de abril de 2019 | X29 Segunda División FS 2018/2019 | NPA 8-3 QHM


·12 de outubro de 2019 | X5 Segunda División FS 2019/2020 | QHM 7-3 NPA


·8 de febreiro de 2020 | X20 Segunda División FS 2019/2020 | NPA 3-3 QHM


·6 de marzo de 2021 | X2 Segunda División FS – Grupo C 2020/2021 | QHM 1-0 NPA


·10 de abril de 2021 | X6 Segunda División FS – Grupo C 2020/2021 | NPA 3-2 QHM


·10 de decembro de 2022 | X13 Primeira División FS 2022/2023 | NPA 2-1 QHM


·5 de maio de 2023 | X28 Primeira División FS 2022/2023 | QHM 3-2 NPA


·25 de novembro de 2023 | X13 Primeira División FS 2023/2024 | NPA 2-6 QHM


·27 de abril de 2024 | X28 Primeira División FS 2023/2024 | QHM 6-5 NPA

Comments


bottom of page