Os brancos visitan a un dos mellores equipos deste inicio do campionato (sábado 28, 18:00h) coa ambición de dar a sorpresa e continuar a boa forma como visitantes.
Pedro Antonio Carrillo Arroyo e Juan José Cordero Gallardo, do colexio andaluz, serán os árbitros do encontro, con emisión en directo pola web e app de FEF TV.
O Noia Portus Apostoli FS, en plena busca da regularidade, rende visita a todo un ElPozo Murcia Costa Cálida FS este sábado 28 ás 18:00h, na oitava xornada da Primera División FS.
O triunfo ante Family Cash Alzira FS devolveu aos noieses boa parte do aire que perdera uns días antes ante Servigroup Peñíscola. 11º con 7 puntos, os de Tomás de Dios ansían amarrar unha liña constante no referente a sumar unidades ao seu casilleiro, algo que, se ben é cierto que o reto deste sábado será especialmente esixente, lles está custando menos como visitantes. Para a causa, o adestrador salmantino podería recuperar á totalidade do seu plantel, con Attos e Matheus Preá cada vez máis preto da reincorporación total ao grupo.
Especiais ganas de revancha terán os xogadores brancos que, o curso pasado, encaixaron unha dolorosa derrota no parqué do Palacio de los Deportes murciano ante un conxunto de renome que esta temporada, se cabe, reforzouse máis. As sensibles saídas de Taynan, Alberto, Molina ou Fernando, entre outros, foron cubertas por pezas de enorme calidade como o meta Edu, David Álvarez, Esteban, Marlon, Eric e a xoia da coroa Niyazov, o primeiro ruso na historia do fútbol sala nacional. Xunto aos Rafa Santos, Marcel, Gadeia, Juanjo ou Felipe Valerio e baixo as ordes de Javi Rodríguez, ElPozo Murcia Costa Cálida FS está a ser un dos nomes propios do inicio da competición, da que chegaron a colocarse líderes. Porén, estas tres últimas datas, con dúas derrotas e un empate, relegaron aos murcianos á 6ª praza con 13 puntos.
Sin complejos y sin ningún tipo de miedo acudirá el Portus Apostoli a una cita que, por rival y escenario, motiva a cualquier jugador a dejarlo todo por conseguir dar otra sorpresa lejos de casa.
Declaracións previas
O desprazamento
A expedición branca puxo rumbo a Murcia en autobús a noite do xoves. Tras a chegada ao hotel de concentración e o almorzo, o equipo realizou o último adestramento previo ao duelo o venres ás 13:00h.
Emisión en directo
O partido emitirase en directo por FEF TV (dispoñible en web e app) este sábado 28 a partir das 18:00h.
Árbitros
Os andaluces Pedro Antonio Carrillo Arroyo e Juan José Cordero Gallardo. Será a primeira vez que ambos colexiados dirixan un partido do Noia en Primera División Fútbol Sala.
Precedentes
·30 de novembro de 2021 | 1/16 de final Copa do Rei 2021/2022 | NPA 5-3 EPM
·15 de outubro de 2022 | X4 Primeira División 2022/2023 | NPA 2-2 EPM
·3 de febreiro de 2023 | X19 Primeira División 2022/2023 | EPM 7-2 NPA
Comentarios